jueves, 17 de diciembre de 2009

XOGUETES PARA O NADAL

Un ano máis achegámonos a unhas datas nas que os xoguetes van ser moi importantes nos nosos fogares. Xeralmente resúltanos complicado elixir os máis axeitados para os nosos fillos e fillas por iso imos dar algunhas recomendacións que nos parecen interesantes á hora de elixilos:
Non esqueza que non hai xogos de nenos ou nenas, todos serven para todos e todas; utilizaranos segundo lles interese e gozarán con eles se son axeitados á súa idade e ao seu gosto.
DEBEN DIVERTIR, EDUCAR E DESENVOLVER A IMAXINACIÓN: Un bo xoguete desenvolve a imaxinación dos nenos e nenas, ao tempo que divirte e educa.
NON DEBEMOS DEIXAR QUE A PUBLICIDADE NOS INFLÚA : Moitos dos produtos máis solicitados polos nenos e nenas a causa da publicidade caen no esquecemento pouco despois do Día de Reis.
OS MÁIS SINXELOS ADOITAN SER OS MÁIS DIVERTIDOS: Canto máis complicados son, máis lles aburren, os seus prezos son máis elevados e máis doadamente poden estragarse.
REXEITAR OS SEXISTAS E BÉLICOS: Os xoguetes sexistas e os que fomentan condutas agresivas, ademais de non ser educativos, son negativos para o seu desenvolvemento.
UN XOGUETE PARA CADA IDADE: As advertencias da etiquetaxe deben terse moi en conta, sobre todo aquelas que se refiren á idade. Máis adiante inclúese unha lista de xoguetes recomendados.
QUE SEXAN SEGUROS: A marca CE, que debe aparecer de forma visible no xoguete, é unha garantía para a seguridade e a saúde dos nenos e nenas. Xunto a ela deben figurar outras advertencias segundo o grao de perigo que presente o xoguete.

3 ANOS
Bicicleta con rodiñas.Coches de pedais.Canastra pequena de baloncesto.Xogo de bolos de plástico.Banco de carpinteiro.Arquitecturas de encaixes.Coches, camións, trens.. etc.Xoguetes e bonecos para montar e desmontar.Bonecos e monicrequesCochiño e accesorios para as bonecas.Bonecos pequenos de plástico que simulen accións.Vestidos de bonecos con botóns grandes e corchetes.Contos para manipular. Cacharriños de cociña e utensilios de distintos oficios.Equipo de limpeza.Libros con historias curtas e debuxos.Disfraces.Crebacabezas doados.Ensartables (bólas e obxectos para enfiar).Lapis de cores e ceras.Libros sinxelos para colorear e/ou con adhesivos.Plastilina (con moldes, sen eles, con xogos xa preestablecidos, como comidas, animais, etc.).Xoguetes para facer burbullas.Dominó de cores e formas.

4 ANOS
Bicicleta con rodiñas e accesoriosDiana con pelotas pequenas con velcro.Xogo de tenis con pelota suxeita a unha goma e outros xogos de deportes adaptados.Disfraces.Pinturas de maquillaxe.Xoguetes de oficios e actividades de adultos: caixas de ferramentas, de enfermeira, médico, etc.Xogos de construcións.Crebacabezas.Pinturas, pinceis, acuarelas...Pupitres infantís.Plastilina e moldes.Xogos de mesa competitivos: parchís, oca, inicio en xogos de cartas...Libros para colorear e de adhesivos.Contos para manipular.
Cartóns de coser con la.Xogos de facer burbullas. Xoguetes e bonecos para montar e desmontar.Casa de bonecas e bonecos pequenos que simulen accións.Teatro de marionetas e monicreques.Xogos de tendas: caixa rexistradora, cesta da compra, etc. Accesorios para simular actividades domésticas: cociniñas e alimentos de plástico, ferro e táboa para pasar…Garaxes e coches, coches de bombeiros, de policía, ambulancias...Trens con vías. Xogos de organizar: vilas, garaxes, cidades, granxas, etc. Pizarras e xiz de cores. Dominó de cores e formas. Xogos de habilidade como por exemplo colocar obxectos nos xoguetes sen que caian, meter pezas en rañuras con coidado, etc.

5 ANOS
Bicicleta e accesorios para a bicicleta.Patíns.Patinete de 3-4 rodas.Accesorios deportivos: Balóns, raquetas, canastras, etc. Corda para saltar. Bólas e circuíto para bólas. Xogos de tricotar. Arquitectura de pezas pequenas Construcións de casas e castelos. Mecano de pezas grandes. Vehículos en miniatura. Garaxes. Coches teledirixidos. Xogo de autoestrada con accesorios. Trens con vías. Recortables e tesoiras con punta roma. Lapis de cores, pinturas, pinceis, acuarelas, rotuladores, etc. Libros para colorear e/ou con adhesivos. Libros de actividades infantís adaptados ao seu nivel. Equipos e moldes para debuxar e modelar. Bonecos articulados e complementos. Microscopio infantil. Casa de bonecas e bonecos pequenos. Monicreques. Caixas organizadoras con distintos compartimentos para recoller os seus xoguetes. Todo tipo de disfraces e caixas de maquillaxes. Xogos e accesorios de exploradores (prismáticos, lanterna, walki-talki..). Xogos de tendas, médicos,... Accesorios para simular actividades domésticas: cociniñas, limpeza,ferro de pasar… Reloxo de xoguete. Gravacións de contos e cancións. Libros de historias curtas e ilustradas. Crebacabezas. Xogos de memoria visual. Dominó de imaxes, números e asociacións. Xogos de mesa sinxelos: parchís, oca... Se seleccionan xoguetes electrónicos, pense que como mínimo deben saber ler para poder utilizalos axeitadamente.

6 - 9 ANOS
Bicicleta. Patíns. Avións. Io-io. Peonzas. Puzzles. Encaixes. Xogos de mesa (oca, parchís, damas, dominó, cartas de familias, etc.). Xogos de maxia de poucos e sinxelos trucos. Xogos de memoria, do chou, de habilidade (canicas…), de estratexia do tipo tres en raia, xadrez (aprender os movementos). Teares. Monicreques e marionetas. Caixas para engarzar colares, kits para o coidado da natureza (con casa incluída para paxaros). Xogos de mesa con preguntas e respostas sobre distintas materias. Puzzles de entre 50 e 100 pezas aprox. Construccións de pezas pequenas de madeira ou plástico, para encaixar ou enroscar. Encaixes crecentes e decrecentes. Lotarías. Todo aquilo que se poida coleccionar.

9 – 12 ANOS
Xogos que anticipan situacións adultas profesionais, como por exemplo, os de química, electricidade ou o microscopio. Vehículos teledirixidos: coches, motos, camións, pistas de scalextric, trens eléctricos sinxelos. Karaokes. Maquillaxes, disfraces… Construcións. Mecanos a motor. Cometas. Iniciación no modelismo (realizando avións, barcos, casiñas de bonecas e os seus mobles en miniatura)
Instrumentos musicais. Puzzles de até 300 pezas aprox. Construccións de madeira, plástico ou magnéticas que inviten a facer reproduccións exactas. Resultan tamén moi positivos aqueles que fomentan as actividades en equipo, sexan deportivas ou intelectuais
Coleccionismo de selos, moedas, bolboretas ou rochas minerais… que poden ser o inicio dun "hobby" que dure toda a vida


Non esqueza que non hai xogos de nenos ou nenas, todos serven para todos e todas; utilizaranos segundo lles interese e gozarán con eles se son axeitados á súa idade e ao seu gosto.
BO NADAL!















.0

No hay comentarios: