
Aínda que a escolarización obrigatoria foi recollida na lexislación hai máis de cen anos, non foi ata tempos máis recentes cando realmente se conseguiu na práctica. O dereito á educación é un dos piares básicos do noso sistema educativo e do noso sistema social, tal e como establece a Constitución no seu artigo 27.

Poderiamos definir o Absentismo Escolar como a situación de inasistencia a clase na etapa obrigatoria, sen xustificación, de xeito permanente e prolongado no tempo ou por reiteradas faltas de puntualidade.
absentismo atopamos, a curto prazo, que o ritmo de aprendizaxe do alumnado se resinte inevitablemente e comezan a aparecer problemas de atraso escolar, dificultade de adaptación ao Centro, desfase curricular, falta de hábitos, problemas de integración e de disciplina....
, quedan sen adquirir coñecementos fundamentais e sen desenvolver as competencias básicas para poder levar unha vida persoal, social e profesional axeitada, o que contribúe á aparición na nosa sociedade, de situacións de marxinalidade, paro, delincuencia, incultura e analfabetismo. Non esquezas que o tempo de escolaridade obrigatoria é un dereito dos nenos e nenas. Que asistan á escola regularmente depende de ti.
O futuro dos teus fillos e fillas está nas túas mans
No hay comentarios:
Publicar un comentario