jueves, 2 de julio de 2009

FELICES VACACIÓNS




É moi importante que nas vacacións os pais e nais manteñan un control sobre os horarios de sono e comidas, aínda que non sexan tan rigorosos como durante o período escolar.


No verán os nenos e nenas deben moverse, saír, andar en bicicleta, camiñar en familia polas tardes ou ir á praia ou ao monte xa que é unha estación moi apropiada para o exercicio físico e o contacto coa natureza.


É importante manter e coidar o contacto dos nenos e nenas con outros amigos e amigas durante as vacacións xa que o xogo cos demais é a mellor forma de establecer e manter lazos de amizade.


Os nenos e nenas tamén necesitan descansar da asistencia ao colexio e da rutina que, moitas veces, xera un alto nivel de estrés. O tempo de ocio é fundamental para o rendemento escolar do ano seguinte.




Algunhas ctividades que podemos facer en vacacións cos nosos nenos/as


· Falar moito con eles/as e estimular que eles/as falen con amigos, familiares e veciños, facendo fincapé en: escoitar; esperar quenda para intervir; pedir por favor, saudar; pronunciar as palabras correctamente; formar frases ben estruturadas; relatar feitos e acontecementos.
· Escoita
r contos ou historias.
· Escoitar música.
· Ler imaxes (para aumentar o seu vocabulario).
· Ler contos sinxelos.
· Inventar, debuxar e escribir (poesías, contos, cartas ós amigos/as…)
· Xogar con outros nenos e nenas.
· Achegalos a outros membros da familia cos que normalmente non teñen contacto.
· Coñecer xente nova e facer novos amigos.
· Durmir moito.

No hay comentarios: