Un ano máis achegámonos a unhas datas nas que os xoguetes van ser moi importantes nos nosos fogares. Xogar é un proceso psicolóxico esencial e o xoguete é o obxecto que o simboliza. Por iso, é moi importante saber elixir os xoguetes que compramos aos nosos nenos e nenas. Non podemos tampouco deixar que o seu criterio prevaleza nun xoguete que, de entrada lle fascine, se vemos que fomenta comportamentos negativos, que fai que desenvolva roles sexistas ou que alente actitudes violentas.O xogo propiamente dito, sen connotacións didácticas ou educativas, é necesario e beneficioso por si mesmo: hai que ter en conta que os nenos e nenas non xogan coa intención de prepararse para afrontar o futuro, pero inflúe moito nel. Desta forma, por exemplo, a partir dos xogos con regras aprenden a desenvolver a súa vontade e o seu sentido cívico na aceptación dunha serie de dereitos e obrigas.
A influenza materna e paterna nos primeiros anos da nenez é fundamental, independentemente dos condicionantes culturais e sociais. Por iso, a elección dos xoguetes axeitados cobra especial importancia nestas datas. Non obstante, non debemos esaxerar a nosa preocupación innecesariamente: coñecer ao neno ou a nena e aplicar o sentido común, son as bases para chegar ao xoguete máis axeitado.

que con tanta ilusión reciben os máis pequenos da casa:
- Para ter éxito, un xoguete debe estar próximo ao mundo inmediato dos nenos e nenas e á súa imaxinación. En definitiva, a actividade que propoña o xogo debe ser atractiva e lúdica, xa que xogan para divertirse e non para aprender.
- Debe ser desexado. De non ser así, carecería de interese.
- Que sexa seguro. Debe estar confeccionado con materiais que non se quebren ou sexan cortantes se rompen. As cores han de ser sólidas e non tóxicas. Canto máis pequeno é o neno ou a nena máis grandes deben ser os xoguetes.
- Que sexa simple. Isto aumentaría a gama de usos que se poden facer del, desenvolvendo a súa fantasía e a súa capacidade simbólica.
- Non comprar os xoguetes para satisfacer un capricho momentáneo.

- Xeralmente non deben ser utilizados para premiar ou castigar.
- Debemos ter en conta que o exceso de xoguetes mata a fantasía e produce aburrimento.
- Se adquire xoguetes desmontables para os máis pequenos, asegúrese que as pezas teñan un tamaño que impidan que se atragoen con elas.
- Se adquire xoguetes desmontables para os máis pequenos, asegúrese que as pezas teñan un tamaño que impidan que se atragoen con elas.
- Videoxogos: poden consultar a entrada do mes de abril de 2008
XOGUETES PARA NENOS E NENAS DE 3 A 5 ANOS
Os pequenos de 3 a 5 anos xa están preparados para xogar ao aire libre ou imitar escenas familiares e profesionais. Bonecos, cacharriños, pelotas ou aparellos de profesións como médico ou enfermeira, libros de contos ou acción, pizarras e xices, xogos de bloques, lapis de cores e plastilinas, xogos de carpinteiro, xoguetes de aparellos de limpeza, xoguetes para o exterior: tobogán, hamacas,casiñas..., vehículos: triciclos, coches, carriños,... axeitados para a idade, xoguetes de equipos de música, crebacabezas simples con pezas grandes, roupa de xoguete para xogar a vestirse, marionetas e bonecos articulados.
Sendo algo máis maiores, a investigación e a curiosidade por descubrir constitúen os aspectos máis destacados da vida do neno/a. Por esta razón, os xoguetes para o aire libre de máis peso como a bicicleta ou os patíns e os xogos educativos relacionados coa ciencia e todo o que nos rodea son moi apropiados: monopatíns, vehículos teledirixidos, xogos manuais, de preguntas e de experimentos, xogos de costura, xogos de cartas, monicreques, pelotas, bicicletas, trens eléctricos, cordas para saltar, patíns, equipo para deportes e xogos de mesa.
XOGUETES PARA NENOS E NENAS DE 10 A 12 ANOS
En xeral, a esta idade é recomendable elixir xoguetes que apoien os hobbies e as actividades científicas: xogos de ordenador, material para coser e tecer, microscopios e telescopios, xogos de mesa, equipamento para deportes, material de apoio para hobbies, xogos de estratexia e reflexión, audiovisuais, electrónicos e experimentos. Asimesmo pódeselles regalar o inicio dunha colección de selos, moedas, bolboretas ou rochas minerais… que poden ser o principio dunha afición que dure toda a vida.

E para rematar, non esqueza que non hai xogos de nenos ou nenas, todos serven para todos e todas; utilizaranos segundo lles interese e gozarán con eles se son axeitados á súa idade e ao seu gosto.
BO NADAL !

No hay comentarios:
Publicar un comentario