
A falta de asistencia ao colexio incide, por unha parte no rendemento académico, e por outra, na formación e integración persoal como elemento activo e participativo da comunidade escolar.
O rendemento escolar depende en boa medida,
ademais doutros factores, da asistencia regular a clase, xa que os novos coñecementos van sedimentando sobre o que xa se ten adquirido, e a interrupción deste proceso xera lagoas difíciles de cubrir.

Polo que respecta á formación e integración persoal a inasistencia a clase imposibilita poñer en xogo os mecanismos de socialización que son necesarios para integrase no grupo tanto de clase coma do centro e na sociedade en xeral.
A impu
ntualidade é outra forma de absentismo escolar, e fala por si mesma da escasa ou nula capacidade de organizar o tempo, no noso caso responsabilidade dos pais, por non planear as súas actividades. Estas e outras actitudes son o reflexo do pouco respecto, aprecio e interese que se sente polos demais, o seu tempo e as súas actividades.

A puntualidade é unha virtude que debe ensinarse den
de os primeiros anos da vida e dentro da familia, onde as normas e costumes establecen horarios para cada actividade familiar. Se os pais non practican a puntualidade, será imposible que os fillos a aprendan.

As faltas de puntualidade reiteradas inciden, como as de asistencia, no rendemento escolar, posto que o impuntual salta unha boa parte das explicacións ou das correcións das tarefas, e amosa falta de interese polo traballo escolar e de respecto cara ao profesorado e o resto do alumnado, que se ve obrigado a interromper o seu traballo, para recibilo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario